Sistemas de simulación innovadores

 

O ámbito de Sistemas de simulación innovadores ten un claro enfoque formativo cara ao persoal sanitario e mesmo outros colectivos, o cal podería derivar de forma complementaria, se se identificasen solucións suficientemente maduras, en sistemas de asistencia á toma de decisións aliñados co concepto de xemelgo dixital aplicado ao ámbito sanitario.

En todo caso, este ámbito vincúlase directamente coas dimensións de predición e prevención da medicina 5P debido a que ao mellorar a formación dos profesionais sanitarios en técnicas avanzadas é posible previr complicacións e mellorar a eficacia da atención sanitaria. Ademais, enlaza coa personalización do tratamento, xa que a formación e adestramento en técnicas específicas en diferentes escenarios teóricos simulados pode adaptarse ás necesidades individuais de cada paciente segundo as circunstancias. Finalmente, en ámbitos como o tratamento de feridas crónicas os destinatarios serían profesionais do Servizo Galego de Saúde, de Centros Sociosanitarios, a pacientes e a coidadores; en claro aliñamento coa vertente de participación da medicina 5P.

Proxecto susceptible de ser financiado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Ministerio de Ciencia e Innovación