PRECISAÚDE xorde co obxectivo de avanzar cara a un modelo sanitario baseado na medicina 5P: personalizada, preditiva, preventiva, participativa e poboacional, dando resposta ás novas necesidades do sistema sanitario mediante o desenvolvemento e incorporación de solucións innovadoras. A través da Compra Pública de Innovación (CPI) preténdese impulsar solucións que permitan mellorar o diagnóstico, a prevención e o tratamento das enfermidades, adaptándose ás características individuais dos pacientes e favorecendo unha atención sanitaria máis precisa, eficiente e efectiva.
O Plan estrutúrase arredor de catro ámbitos prioritarios de actuación, dos que derivan oito retos innovadores:
- Ámbito 1: Solucións innovadoras basadas en biomarcadores
- Reto 1. Solucións innovadoras de biomarcadores en oncoloxía
- Reto 2. Solucións innovadoras de biomarcadores vinculados á resposta aos tratamentos da obesidade
- Reto 3. Solucións innovadoras de biomarcadores vinculados a trastornos mentais
- Ámbito 2: Sistemas de simulación innovadores
- Reto 4. Simulación de PCR e ECMO
- Reto 5. Simulación del tratamiento de heridas crónicas
- Ámbito 3: Solucións de análisis xenómico avanzado integrado
- Reto 6. Plataformas avanzadas de análisis xenómico cruzado
- Ámbito 4: Solucións innovadoras de terapias
- Reto 7. Novas terapias celulares avanzadas
- Reto 8. Sistemas innovadores para a xestión da producción de terapias avanzadas
O proxecto conta cun orzamento total de 20 millóns de euros, cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027, a través dunha axuda de 12 millóns de euros concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, ao abeiro da Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (Liña FID) para a Compra Pública de Innovación (CPI).
Obxectivo Prioritatio
OP 1. Unha UE máis competitiva e intelixente, a través da innovación e o apoio ás pequenas e medianas empresas, así como a dixitalización e a conectividade dixital.
Prioridade
P1.A. Transición dixital e intelixente.
Obxectivo Específico
OE RSO1.1. Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas.
Tipo de acción
PE1A110_CPI-4.2 Liña de Fomento da Innovación dende a Demanda para a Compra Pública de Innovación (Liña FID-CPI)