Solucións innovadoras de terapias avanzadas

 

O ámbito de Solucións innovadoras de terapias avanzadas está vinculado, por definición, á medicina Personalizada, xa que se basea na personalización do tratamento de patoloxías como o cancro. En concreto, no caso da terapia de células T con receptores quiméricos de antígenos (CAR-T) e outras inmunoterapias celulares avanzadas, altéranse células do sistema inmune en laboratorio para que ataquen especificamente ás células cancerosas dun paciente en particular, o cal permite unha maior eficacia do tratamento e unha redución dos efectos secundarios.

O proxecto Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE con orzamento total de 20 millón de euros foi cofinanciado nun 60% pola Unión Europea a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 12 millóns de euros.