RETO 7: Novas terapias celulares avanzadas

 
Dispoñer de novas inmunoterapias celulares avanzadas para dar resposta a problemas de saúde non cubertos por necesidades do mercado

 

Identificar e integrar axentes relevantes no programa de desenvolvemento de (inmuno)terapias celulares avanzadas para o codesenvolvemento de novas solucións que permitan potencialo, asegurando a equidade de acceso en condicións de seguridade.

O proxecto Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE cun orzamento de 20 millóns de euros foi cofinanciado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027, a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 12 millóns de euros ó amparo da Liña de Fomento de Innovación desde a Demanda (Liña FID) para a Compra Pública de Innovación (CPI).