Participa na Consulta Preliminar ao Mercado de PRECISAÚDE

 

A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, como órgano de contratación, a través da correspondente Resolución dispón a apertura da Consulta Preliminar ao Mercado do Plan de Innovación Sanitaria PRECISAÚDE e aproba as súas bases publicadas na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

A convocatoria de Consulta Preliminar ao Mercado surxe dentro dun novo modelo de relación co comprador, no que se busca de forma transparente, a participación de todo tipo de entidades e persoas físicas ou xurídicas, que teñan a voluntad de colaboración co SERGAS, para a identificación de propostas innovadoras que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución de solucións e servizos no ámbito dos retos definidos no Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE.

O obxectivo da Consulta é que a partir das propostas recibidas, o SERGAS teña coñecemento suficiente das solucións máis innovadoras e óptimas existentes no mercado para o lanzamento de procedimientos de licitación posteriores na modalidade de Compra Pública Innovadora.

O novo Plan de innovación PRECISAÚDE conta cun financiamento agardado de ata 20 millóns de euros, que se distribuirán entre os seus 4 ámbitos prioritarios, dos cales se derivan os 8 retos innovadores para os que demandamos propostas de solucións innovadoras que aínda non estean no mercado.

 

Como participar na Consulta Preliminar ao Mercado de PRECISAÚDE?

  1. Os participantes deberán remitir as súas propostas cubrindo o formulario en liña accesible na URL https://precisaude.sergas.gal/formularioCPM o cal segue o modelo do ANEXO II formulario da convocatoria. Adicionalmente, deberase achegar como documento adxunto a declaración contida no modelo do ANEXO III debidamente asinada por un representante da entidade.
  2. Independentemente da remisión ou non de propostas mediante o formulario do ANEXO II, aquelas entidades interesadas en establecer colaboracións para concorrer á presente consulta, e as licitacións que dela póidanse derivar, poderán cubrir e enviar o formulario correspondente ao modelo do ANEXO IV de colaboración a través da URL https://precisaude.sergas.gal/colaboracionCPM 
  3. As respostas recibiranse UNICAMENTE a través dos formularios en liña. O Servizo Galego de Saúde non terá a obrigación de considerar as respostas remitidas por calquera outro canle.
  4. Cada entidade poderá remitir diferentes propostas que dean respostas a diferentes retos ou agrupacións de retos empregando para iso acrónimos de proxecto diferentes. Igualmente, poderanse enviar sucesivas versións da mesma proposta, para o que se empregará o mesmo acrónimo, nese caso cada resposta enviada substituirá completamente á anterior. Por iso, a nova resposta deberá incluír todo o que se considere que segue sendo válido das anteriores.
  5. No caso de que unha resposta se presente por un grupo de persoas ou entidades, deberá empregarse unha única dirección de correo electrónico para os efectos de identificación da resposta e interlocución cos participantes.
  6. Os participantes presentarán as súas solucións en castelán ou galego.
  7. O prazo para a presentación de propostas finalizará o luns día 31 de xullo de 2023 ás 23:59 (PRAZO AMPLIADO).

Proxecto susceptible de ser financiado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Ministerio de Ciencia e Innovación