Presentación do Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE, centrado na medicina 5P

 

O Servizo Galego de Saúde foi pioneiro na posta en marcha en España de grandes programas de Compra Pública de Innovación (CPI). Entre algúns dos fitos máis relevantes alcanzados, cabe destacar a execución dos seguintes proxectos e programas:

  • Hospital 2050 e InnovaSaúde, con 90 millóns de euros de orzamento, financiado pola liña Innocompra a partir de fondos FEDER 07-13.
  • Código 100, con máis de 13 millóns de euros de orzamento, financiado pola liña FID con fondos FEDER 14-20.
  • Innova MicroLab, con máis de 5 millóns de euros de orzamento financiado pola liña FID con fondos FEDER 14-20 (en execución actualmente).
  • INNOVATRIAL, con máis de 10 millóns de orzamento, licitado polo CDTI e financiado polo PRTR (en execución actualmente).

Ademais, recibiu recoñecementos como:

  • Premio Nacional de Innovación na categoría de CPI polo programa Hospital 2050 e Innova-Saúde.
  • Premios mellor proxecto CPI Amparo Poch, por Código 100
  • Primeiro Premio Europeo de Contratación Pública de Innovación

Co ánimo de continuar nesta liña de excelencia en materia de CPI, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) impulsan un novo programa, PRECISAÚDE, que aspira a mobilizar ao redor de 20 millóns de euros que poderían ser cofinanciados con fondos FEDER do POPE 21-27, a través da próxima convocatoria da liña de axudas FID do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN).

Como requisito fundamental da convocatoria, e co ánimo de recibir propostas de solucións innovadoras por parte do mercado, o Servizo Galego de Saúde lanza a Consulta Preliminar ao Mercado (CPM) do Plan de innovación PRECISAÚDE para o seu contraste co mercado para identificar posibles solucións innovadoras que lles dean resposta.

Proxecto susceptible de ser financiado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Ministerio de Ciencia e Innovación