Publicado o listado de entidades interesadas en xerar alianzas e colaboracións no marco do Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE

 

A continuación móstranse as capacidades técnicas e tecnolóxicas de entidades que manifestaron o seu interese en participar no procedemento de Consulta Preliminar do Mercado co obxectivo de promover a xeración de alianzas e colaboracións tanto para a presentación de propostas como no marco da eventual licitación derivada.
 
Este formulario é específico para recopilar información sobre as capacidades e ámbitos de colaboración. A remisión da información realizouse de forma independente á remisión de propostas na Consulta Prelimininar ao Mercado.

Proxecto susceptible de ser financiado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Ministerio de Ciencia e Innovación