AMPLIACIÓN DE PRAZO de envío de propostas na Consulta Preliminar ao Mercado do Plan de innovación PRECISAÚDE ata o 31 de xullo

 
A Dirección Xeral de Recursos Económicos, como órgano de contratación, vista a documentación do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, RESOLVE:
 
Primeiro. Ampliar o prazo, ata o 31 de xullo de 2023, de presentación das propostas na convocatoria da consulta preliminar ao mercado no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, a causa do período estival e para facilitar a concorrencia de participantes.
 
Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no perfil de contratante do Servizo Galego de Saúde.

Proxecto susceptible de ser financiado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Ministerio de Ciencia e Innovación