Un
novo obradoiro de ConexiónPRECISA
permitiu compartir cos profesionais sanitarios e investigadores o
reto
identificado
e recoller achegas de cara ao futuro proceso de Compra Pública de
Innovación.
Santiago
de Compostela, 20
de novembro de 2026.
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a través da Axencia Galega de
Coñecemento en Saúde (ACIS), celebrou o
terceiro
obradoiro de ConexiónPRECISA,
no marco do Plan de Innovación Sanitaria PRECISAÚDE, dedicado ao
Reto
3, centrado nos biomarcadores en saúde mental.
Esta
sesión deu continuidade ao traballo desenvolvido nos dous obradoiros
anteriores, que permitiu
avanzar na identificación dun reto concreto orientado
a
dar resposta ás necesidades clínicas e asistenciais detectadas, no marco do Reto 3 de PRECISAÚDE.
Durante
a xornada, presentouse esta proposta de solución aos profesionais sanitarios e
investigadores participantes e recolléronse as súas achegas para
delimitar o reto antes de consultar ao mercado, definindo o problema
concreto, os requisitos e os límites da futura solución.
As
achegas obtidas contribuirán á preparación da futura consulta
ao mercado,
na que se contrastará a proposta coas capacidades e posibles
solucións que
poida proporcionar o
mercado. Toda
esta información
servirá para orientar a elaboración do prego da posterior licitación de Compra
Pública de Innovación (CPI).
Deste xeito, PRECISAÚDE
continúa avanzando na definición de solucións innovadoras que
respondan ás necesidades reais do sistema sanitario público galego,
incorporando a visión dos profesionais clínicos e investigadores ao
longo do proceso.