Rexístrate no acto de presentación do Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE e o proceso de Consultas Preliminares ao Mercado do vindeiro 22 de xuño 2023

 

O próximo 22 de xuño celebrarase no salón de actos da Consellería de Sanidade o acto de presentación do Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE e o proceso de Consultas Preliminares ao Mercado.

O obxecto da presente Consulta Preliminar do Mercado é o de obter a información necesaria para preparar un eventual procedemento de contratación de conformidade co previsto no artigo 115 da LCSP, no marco do proxecto PRECISAÚDE de innovación no ámbito da medicina 5P. Esta Consulta busca promover a participación de operadores económicos activos no mercado que poidan dar resposta aos retos definidos no proxecto e que se presentarán durante o acto.

Solicítase inscrición previa

O proxecto Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE con orzamento total de 20 millón de euros foi cofinanciado nun 60% pola Unión Europea a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 12 millóns de euros.