RETO 3: Solucións innovadoras de biomarcadores vencellados a trastornos mentais

 
Dispoñer de solucións innovadoras de diagnóstico temperán e/ou seguimento da resposta ao tratamento de trastornos mentais baseadas na detección rápida e  fiable de biomarcadores aplicable en contornos clínicos

 

Desenvolvemento dun sistema de detección e diagnóstico temperán de trastornos mentais baseado na detección de biomarcadores en mostras biolóxicas (por exemplo, sangue e saliva).

Proxecto susceptible de ser financiado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Ministerio de Ciencia e Innovación