Dispoñer de solucións innovadoras baseadas na detección rápida, fiable e aplicable en contornos clínicos de biomarcadores para o diagnóstico precoz do cancro, a detección temperá de recorrencias en pacientes oncolóxicos e/ou o cribado poboacional.
Desenvolvemento de solucións que permitan realizar cribados efectivos e eficientes para a detección da enfermidade en persoas asintomáticas que se atopen nunha poboación de risco.
Búscase a combinación entre o coñecemento clínico de biomarcadores, tecnoloxías axeitadas e outras fontes de información.