O vindeiro mércores 7 de febreiro ás 16:00h poderás seguir a través da canle de YouTube da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde o evento de conclusión das Consultas Preliminares ao Mercado do Plan de innovación PRECISAÚDE

O proxecto Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE con orzamento total de 20 millón de euros foi cofinanciado nun 60% pola Unión Europea a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 12 millóns de euros.