O ámbito de Solucións innovadoras baseadas en biomarcadores para o diagnóstico precoz de cancro, a avaliación da resposta ao tratamento nutricional da obesidade e o diagnóstico temperán e seguimento de trastornos mentais; relaciónase coa medicina Preditiva, xa que se basea no uso de biomarcadores para predicir a aparición ou evolución de enfermidades. No caso do diagnóstico precoz de cancro, poderíase identificar nunha fase temperá, o que aumentaría as posibilidades de éxito do tratamento. No caso da obesidade, poderíase avaliar a resposta do paciente a un tratamento nutricional específico, o que permitiría optimizalo de forma anticipada mellorando a súa efectividade. No caso dos trastornos mentais, poderíase identificar tempranamente signos ou patróns que indiquen susceptibilidade no desenvolvemento dunha enfermidade mental ou cambios na evolución de pacientes xa diagnosticados.
Adicionalmente, ese ámbitou tamén ten vinculación coa medicina Personalizada, xa que o uso de biomarcadores permite unha maior precisión no diagnóstico e tratamento de enfermidades. Cunha maior precisión no diagnóstico, poderíanse aplicar tratamentos máis específicos e personalizados para cada paciente, xa sexan pacientes oncolóxicos, con obesidade ou trastornos mentais. Finalmente, tamén garda relación co enfoque poboacional, xa que se identificaron ámbitos prioritarios (cancro, obesidade e trastornos mentais) que, conxuntamente, abarcan diferentes grupos poboacionais moi diversos.