RETO 4: Simulación de PCR e ECMO

 
Dispoñer de solucións de simulación de técnicas hemodinámicas para o tratamento da parada cardio-respiratoria e ECMO

 

Desenvolvemento de solucións completas de simulación de técnicas avanzadas hemodinámicas para o tratamento da PCR e da hemorraxia interna masiva.

Requírese un simulador “físico” e tanxible, sen menoscabo de que poida complementarse cunha vertinte virtual, co que se poidan simular diferentes patoloxías críticas e a súa monitorización hemodinámica.

Proxecto susceptible de ser financiado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Ministerio de Ciencia e Innovación