- A finalidade do evento, relativa ó reto de novas terapias avanzadas, foi presentar o proxecto, o instrumento de contratación e o ecosistema galego en inmunoterapias celulares
- Habilitouse un formulario de consulta para que os axentes interesados contribúan na definición dos requisitos e da estratexia de contratación da futura licitación do reto de novas terapias avanzadas
Santiago de Compostela, 01 de xullo de 2026. - A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) presentou durante a mañá do luns, un webinario da consulta pública para a definición de requisitos e estratexia de contratación pública de innovación do reto de Novas Terapias Celulares Avanzadas do Plan de Innovación Sanitaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) PRECISAÚDE, centrado na medicina 5P.
O proxecto PRECISAÚDE cun orzamento total de 20 millóns de euros cofinanciase nun 60% polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER) no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027, a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 12 millóns de euros ó amparo da Liña de Fomento de Innovación desde a Demanda (Liña FID) para a Compra Pública de Innovación (CPI).
PRECISAÚDE comprende catro ámbitos prioritarios: Solucións innovadoras baseadas en biomarcadores, sistemas de simulación innovadores, solucións de análise xenómico avanzado integrado e solucións innovadoras de terapias. Dentro destes catro ámbitos identifícanse un total de oito retos, sendo o reto 7 o de Novas Terapias Celulares Avanzadas. Con este reto búscase dispoñer de novas inmunoterapias celulares avanzadas que dean resposta a problemas de saúde non cubertos por necesidades de mercado.
Este reto conta cun orzamento estimado de 4,18 millóns e cun prazo de execución ata finais do 2029, e actualmente atópase na fase de preparación de pregos para a futura licitación de compra pública precomercial (CPP).
Neste contexto, levouse a cabo este webinario de consulta pública con modalidade online no que se presentou o proxecto e o instrumento de compra ós axentes potencialmente interesados.
A apertura do webinario estivo a cargo do Xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, quen salientou a importancia do proxecto PRECISAÚDE e do reto de terapias avanzadas, agradecendo ós axentes á súa futura contribución na definición dos requisitos e da estratexia de contratación pública de innovación mediante un formulario online, que permitirá deseñar a licitación do reto 7 de novas terapias celulares avanzadas do Plan PRECISAÚDE. Seguidamente, pasou a presentar un vídeo explicativo do devandito reto.
A continuación, José María Romero Fidalgo, o Director da Área de Desarrollo e Innovación Sanitaria de ACIS e Coordinador Xeral do Plan de Innovación Sanitaria PRECISAÚDE abordou a contextualización do Plan PRECISAÚDE e da Consulta Previa ó Mercado xa levada a cabo e Alicia Piñeiro Redondo, Subdirectora Xeral de Integración e Innovación Asistencial do SERGAS e Coordinadora da liña de solucións innovadoras de terapias avanzadas, afondou no instrumento de Compra Pública Precomercial (CPP) no que se enmarca este reto e introduciu a necesidade desta consulta pública e o contido do formulario habilitado para tal fin.
Por outro lado, Marta Español Rego, Directora do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas, presentou o ecosistema galego actual en terapias avanzadas, as instalacións do Centro e os proxectos nos que colaboran.
Posteriormente, incluíuse un espacio de diálogo aberto cos axentes asistentes que serviu para aclarar as dúbidas xurdidas ó longo do seminario.
Para finalizar, Luis Ángel León Mateos, Xerente do Servizo Galego de Saúde, foi o encargado de realizar o peche institucional deste seminario web, agradecendo a tódalas entidades participantes e ó ecosistema innovador en saúde pola súa participación no seminario.
¿COMO PARTICIPAR NA CONSULTA PÚBLICA?
Tendo en conta todo o anteriormente exposto, convén explicar a participación dos interesados na consulta pública para a definición de requisitos e estratexia de contratación pública de innovación do reto de Novas Terapias Celulares Avanzadas de PRECISAÚDE.
O prazo de participación na consulta continuará activo ata o día 1 de agosto de 2026.
Consiste nun formulario aberto a tódalas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, cun interese de participar e aportar ideas no ámbito das terapias celulares avanzadas. O Servizo Galego de Saúde poderá contactar cos participantes para a obtención de información ou a aclaración de dúbidas.
Para poder participar, deberase cubrir o formulario na seguinte ligazón:
No caso de que os interesados tivesen algunha dúbida ou cuestión relativa ó proxecto, poderán informarse a través das ligazóns de consulta: