Participa na Consulta Pública do reto 7 de novas terapias celulares avanzadas de PRECISAÚDE


O Servicio Galego de Saúde (SERGAS), a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), impulsan un novo Plan de innovación sanitaria, PRECISAÚDE, que aspira a mobilizar ó redor de 20 millóns de euros cofinanciados con fondos FEDER do POPE 21-27, a través da liña de axudas FID do Ministerio de Ciencia e Innovación e Universidades.

No marco do seu reto de terapias avanzadas, despois de realizala Consulta Preliminar ó Mercado e logralo financiamento necesario para levar a cabo o reto, conta cun presuposto estimado de 4,18 millóns de euros ata o 31 de decembro do 2029 a executar mediante a modalidade de Compra Pública Precomercial (CPP).

O obxectivo desta Consulta Pública é obter información máis actualizada das solucións innovadoras no ámbito das terapias celulares avanzadas que aínda non estean no mercado. Isto permitirá o SERGAS definir os requisitos e a estratexia de contratación pública de innovación e deseñar así a futura licitación de Compra Pública Precomercial do Reto 7 do plan PRECISAÚDE.


Como participar?

Os axentes interesados en participar na consulta pública deberán cubrir o formulario online accesible na URL https://precisaude.sergas.gal/cartafol/ConsultaTerapiasAvanzadas antes do 1 de agosto do 2026.

O formulario recolle información relativa ós datos do axente, o tipo de tecnoloxía da solución e a sua fase de desenvolvemento, o interese do axente en colaborar co SERGAS e protección de datos. Está aberto a tódalas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, con interese en participar e aportar ideas no ámbito das terapias celulares avanzadas.

O Servicio Galego de Saúde poderá contactar cos participantes para a obtención de información ou para a aclaración de dúbidas.

Para presentar o proxecto e o instrumento de compra ós axentes potencialmente interesados en participar na consulta pública, o 29 de xuño realizouse un webinar. Pódese consultar a gravación completa no seguinte enlace: PRECIASAÚDE Compra Pública Precomercial de Terapias Celulares Avanzadas

O proxecto Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE con orzamento total de 20 millón de euros foi cofinanciado nun 60% pola Unión Europea a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 12 millóns de euros.